logo
LoginEmpieza ahora
  • Tarifas
  • Noticias
  • Contacto
LoginEmpieza ahora
ActualidadNegociosDeportesCulturaEstilo de vidaTecnologíaSaludEconomíaCienciaSociedadFormación
  1. Comunicae
  2. Noticias
  3. A Fundación Aldaba comeza a formación en transformación dixital para empoderar ás persoas
Galicia

A Fundación Aldaba comeza a formación en transformación dixital para empoderar ás persoas

Galicia
26 octubre 2023

Co apoio dos Fondos Europeos de Próxima Xeración do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, Fundación Aldaba inicia un ambicioso proxecto de formación dixital nas súas sede de Madrid, Galicia e Baleares, co obxectivo de achegar a persoas de tódalas idades os recursos e habilidades necesarias para adquirir competencias dixitais e mellorar así a súa calidade de vida

A Fundación Aldaba comeza a formación en Transformación Dixital para empoderar ás persoas

A Fundación Aldaba comeza a formación en Transformación Dixital para empoderar ás persoas

Formación en Transformación Dixital

Autor/copyright: Fundación Aldaba

A Fundación Aldaba ten o orgullo de anunciar o inicio dun apaixoante proxecto de formación dixital no marco de "Aldaba Digital: Transforming and Empowering People". Este programa de formación é posible grazas aos Fondos Europeos de Próxima Xeración do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e do Ministerio de Servizos Sociais e Axenda 2030, o que demostra o compromiso de Aldaba por achegar a tecnoloxía a tódalas persoas, co obxectivo de garantir que ninguén quede atrás na sociedade dixital. Os obradoiros desenvolveranse en Madrid, Galicia e Baleares e todos os cursos de formación teñen un enfoque específico para adaptalos ás necesidades particulares das persoas usuarias dos respectivos emprazamentos.

Madrid: empoderamento de persoas adultas con discapacidade e maiores
Na delegación de Madrid, cos programas do Centro Ocupacional Municipal "El Molino" e o programa de apoio, que inclúe os dous pisos compartidos que xestiona a fundación, a formación está dirixida a persoas adultas con discapacidade e maiores. Entre os obxectivos destas sesións figuran promover unha correcta xestión dos riscos en liña, apoiar os procesos de inserción laboral das persoas usuarias, mellorar a confianza no uso de dispositivos e aplicacións dixitais, fomentar o uso creativo de ferramentas e aplicacións dixitais e, sobre todo, promover a interacción responsable e ética no uso da tecnoloxía.

Galicia: fortalecemento da educación dixital, a ciberseguridade e a inserción laboral
Nesta delegación a formación realízase tanto nos programas de atención residencial a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección desenvolvidos na Casa da Familia e no centro do Seixo, como no Programa Ao seu lado, de medidas de apoio a persoas con discapacidade. Tendo en conta o perfil das persoas usuarias, as temáticas céntranse na educación e empoderamento dixital, a ciberseguridade e a inserción laboral no caso das casas de acollida. A súa finalidade é dotar ás xeracións futuras das habilidades e coñecementos necesarios para afrontar os retos da era dixital, ao tempo que aprenden a aproveitar as oportunidades que ofrece unha contorna en constante cambio. Aldaba mantén un firme compromiso de empoderar a tódalas persoas ás que apoiamos, persoas con discapacidade e mozos e mozas, coas ferramentas e habilidades esenciais para navegar con seguridade e responsabilidade no mundo dixital.

Illas Baleares: fomento da emancipación e da aprendizaxe dixital
A delegación en Baleares desprega formación en varios centros: Can Neftalí, Llar des Raiguer, Llar des Cocó e Aldaba Integra. En Can Neftalí, os obradoiros están enfocados a persoas adultas menores de 25 anos en proceso de emancipación. Os temas abordan a seguridade e privacidade, a navegación segura, a inmersión tecnolóxica, os recursos dixitais xerais e a inserción laboral. Por outra banda, na Llar des Raiguer e Llar des Cocó, as sesións están dirixidas a nenos, nenas e adolescentes, impartindo formación en investimento tecnolóxico, creación e edición de documentos, seguridade e privacidade en liña, e inserción laboral das persoas maiores. En Aldaba Integra, onde se atende ás persoas adultas con medidas de apoio, séguense temáticas similares ás de Madrid, co obxectivo de dotar ás persoas das ferramentas necesarias para o seu empoderamento dixital.

O obxectivo principal destas formacións é mellorar a calidade de vida das persoas a través das novas tecnoloxías e desenvolver habilidades de autonomía persoal dixital, imprescindibles para a plena participación na sociedade dixital. Deste xeito, Fundación Aldaba reafirma o seu compromiso de achegar a tecnoloxía e o coñecemento dixital a tódalas persoas, independentemente da súa idade, capacidades ou circunstancias, e da un paso importante para acadar este obxectivo, achegando ferramentas e coñecementos que fortalezan as persoas. Este proxecto reflicte o esforzo continuo da Fundación Aldaba por crear un mundo máis inclusivo e accesible, onde a tecnoloxía sexa unha ferramenta de empoderamento.

Galicia
¿Eres periodista y necesitas más información?

Regístrate ahora en Comunicae Media. ¡Es gratis!

Ir a Comunicae Media

Noticias populares

  • Actualización TerraMaster TerraSync: compartir archivos y sincronización bajo demanda en Mac

  • Juan Arturo Contreras y su nueva etapa tras el Distintivo ESR® otorgado a Corporativo Legal Contreras Doce

  • Mallorca BJJ & Yoga Festival 2026 crece un 8% en inscripciones para su edición de otoño

  • Shanghái acoge la 48.ª WorldSkills, con foco en el futuro de la educación en habilidades vocacionales

  • Huelva acoge una jornada para ayudar a pymes y autónomos sobre los cambios en facturación y gestión laboral

Categorías
Galicia
Contacta con nosotros
  • info@comunicae.com
  • BCN +34 931 702 774
  • MAD +34 914 872 174
Acerca de
  • Quiénes somos
  • Equipo
  • FAQs
Recursos
  • Comunicae Media
  • Blog
  • Comunicae TV
Idioma
  • Español
  • Inglés
Síguenos
  • Síguenos en Facebook
  • Síguenos en Instagram
  • Síguenos en Twitter
  • Síguenos en LinkedIn

Made with from Barcelona

Aviso legal · Términos y condiciones · Política de Cookies · Política de privacidad
Comunicae 2026. Todos los derechos reservados